Baamonde celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe do Rosario

Baamonde, en Begonte, celebrará os días 11, 12 e 13 de setembro as súas festas na honra da Virxe do Rosario cunha programación que combinará música, tradición e actividades para todos os públicos.
As celebracións comezarán o venres 11 de setembro cunha liscada popular gratuíta ás 21.00 horas. A continuación, a partir das 22.00 horas, terá lugar a primeira gran verbena, que contará coas actuacións do Dúo La Hora Bruja e da Orquestra Alianza.
O sábado 12, os actos comezarán ás 13.45 horas coa misa solemne e a posterior sesión vermú, amenizada polo Dúo Gozadera. Xa pola noite, ás 23.00 horas, a verbena correrá a cargo do Dúo Gozadera e da Orquestra Salsarena.
A xornada do domingo 13 estará marcada polos actos relixiosos e por unha ampla oferta de actividades. Ás 13.00 horas celebrarase a celebración da palabra, seguida da procesión e dunha sesión vermú coa artista Judith Cundíns.
Pola tarde, os máis pequenos poderán gozar de colchonetas gratuítas a partir das 17.00 horas. Ás 18.30 horas terá lugar a misa do peregrino e, xa pola noite, ás 22.30 horas, Judith Cundíns será a encargada de poñer o broche musical ás festas cunha gran verbena.
A programación busca así manter o carácter tradicional das festas de Baamonde e ofrecer durante tres días propostas de música, convivencia e celebración para a veciñanza e para todas as persoas que se acheguen á localidade.