Baltar celebra as súas festas patronais con música, verbena e unha comida veciñal

A parroquia de Baltar, no concello da Pastoriza, celebra desde este venres as súas grandes festas na honra de San Pedro Fiz cun programa que combina actos relixiosos, propostas musicais e actividades de convivencia para a veciñanza ao longo de varios días.
A programación arrinca hoxe, 31 de xullo, cunha churrascada popular a partir das 22.00 horas, amenizada pola actuación de Verónica Gambón.
O sábado 1 de agosto terá lugar a xornada central das celebracións. Ás 13.30 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e dunha sesión vermú coa Orquestra Casablanca. Pola noite, a verbena contará coa actuación da propia Orquestra Casablanca e do Dúo Herencia.
As festas continuarán o domingo coa misa solemne ás 13.30 horas, procesión e unha sesión vermú que dará paso a un tardeo musical coa Discoteca Fabregas.
O programa concluirá o domingo 9 de agosto cunha comida veciñal a partir das 14.30 horas, seguida dunha actuación musical.