Baroncelle, en Abadín, está de festa
TerraChaXa
Límite e Panamá estarán o sábado e Principal, en dobre sesión, o domingo
8 Out 2024
A localidade de Baroncelle, en Abadín, estará de festa esta fin de semana na honra á Virxe do Rosario e Santiago Apóstolo.
As celebracións darán comezo o sábado 12 coa misa solemne ás 13.15 horas, seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo de Límite, con Dani, o mellor acordeonista do norte de España. Os mesmos que se encargarán da verbena xunto a Panamá.
O domingo 13 tamén haberá oficio relixioso, nesta ocasión cantada pola Escola Gregoriana Lucense, e haberá dobre sesión musical, ao mediodía e á noite, de Principal.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.