Barreiros aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros aprobou en sesión plenaria do 23 de novembro o documento onde se recolle o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía.
2
2
4 Dec 2020

O Concello de Barreiros aprobou en sesión plenaria do 23 de novembro o documento onde se recolle o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía (PACES).

Un compromiso que o Concello adquiriu o 12 de marzo de 2019 cando se adheriu ao Pacto das Alcaldías para o Clima e as Enerxías.

A redacción do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible foi subvencionada ao 100% pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Orde  do 5 de maio de 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e por un importe total de 4.000€.

Para ver o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible de Barreiros fai click aquí.

0.18455100059509