Barreiros porá en marcha un proxecto de compostaxe comunitaria

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros comezou a licitación para poñer en marcha un servizo de compostaxe comunitario en San Cosme.
Captura de pantalla 2020 07 04 a las 16.07.09
Captura de pantalla 2020 07 04 a las 16.07.09
16 Nov 2020

O Concello de Barreiros comezou a licitación para poñer en marcha un servizo de compostaxe comunitario en San Cosme, que terá un custe de 17.398 euros máis Ive e contará cunha subvención de 20.000 euros da área de Medio Rural da Deputación.

Este proxecto consistirá na colocación dun mínimo de oito composteiros mancomunais que darán servizo ás vivendas sociais, ao colexio e á escola infantil. Será un sistema que contribúa a avanzar na implantación da recollida selectiva da materia orgánica e xerar hábitos que permitan reducir os impropios na recollida actual.

A previsión é que este proxecto esté preparado no primeiro trimestre do 2021, comezando con visitas informativas porta a porta aos participantes e veciños.

Así como, realizar xornadas de divulgación e sensibilización para valorar a ampliación do proxecto, tamén plantexan a edición de material explicativo do proceso e a colocación de caldeiros para o depósito de residuos.

0.18697214126587