Barreiros presenta O Camiño da Igualdade

TerraChaXa | AMariñaXa
Barreiros presenta O Camiño da Igualdade, que conxuga deporte, valores de igualdade e respecto e loita contra a violencia de xénero.
fichaxes
26 Nov 2020

No día de onte, 25N, o Concello de Barreiros conmemorou ás vítimas da violencia de xénero nun acto que tivo lugar na Praza do Concello no que a alcaldesa, Ana Ermida, xunto coa concelleira de igualdade, Montse Porteiro, leron un manifesto ante as persoas que ali se congregaron.

Durante o acto, Ermida presentou “O Camiño da igualdade”, unha iniciativa que o Concello de Barreiros pon en marcha tratando de conxugar deporte, valores de igualdade e respecto e loita contra a violencia de xénero.

Trátase de unha actividade aberta e para perdurar no tempo. A veciñanza pódea facer de maneira individual ou en familia, nun día ou en varios. A concelleira de igualdade explica que “Marcamos 20 puntos para percorrer Barreiros, en cada punto atoparán un mapa con un valor e o seu significado, este valor enlaza coa seguinte estación e así sucesivamente ata chegar a Casa da Igualdade”.

“Esta novidosa iniciativa fai protagonista as veciñas e veciños que sumarán emocións e valores que poderán inculcar as súas crianzas para avanzar nunha educación baseada no respecto, na tolerancia e no rexeitamento a calquera tipo de violencia” apunta Montse Porteiro.

O inicio do Camiño da igualdade atópase no parque situado na Praia da Anguieira e remata na Casa da Igualdade pasando por diferentes puntos do concello barreirense.

Outra das iniciativas é que, por segundo ano consecutivo, Barreiros sumouse a campaña “En Negro Contra as Violencias”. Unha campaña que implica a múltiples administracións, colectivos e empresas.

Enlazando con estas campañas, o Concello de Barreiros está a publicar un álbum nas redes sociais con fotos de persoas e establecementos que colaboran coa campaña #BarreirosEnNegro.

0.19092106819153