Bazar celebra as súas festas patronais na honra a San Antón e a Virxe do Socorro a partir do venres

A parroquia de Bazar, no concello de Castro de Rei, vivirá unha intensa fin de semana festiva do 12 ao 14 de xuño coa celebración das súas tradicionais festas na honra a San Antón e á Virxe do Socorro, cun programa que combina actos relixiosos, música e actividades populares.
As celebracións comezarán o venres 12 de xuño cunha churrascada popular a partir das 22.00 horas. A continuación, a festa continuará cunha verbena amenizada por Alejandro Martínez e Cosmedeejay.
O sábado 13 terá lugar a misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú coa orquestra Trébol. Pola noite celebrarase unha gran verbena na que actuarán as orquestras Trébol e Punto Clave.
O programa concluirá o domingo 14 cunha misa solemne e procesión ás 13.30 horas, acompañadas pola Banda Municipal de Meira. A continuación desenvolverase a sesión vermú co grupo Fénix, que será o encargado de poñer o broche final ás festas.
A organización conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei e da Deputación de Lugo, ademais do apoio de numerosas empresas e establecementos da contorna. As festas de Bazar volverán reunir veciñanza e visitantes nunha das citas festivas máis destacadas do calendario local.