Bazar e Coea, en Castro de Rei, celebra as súas patronais a fin de semana
TerraChaXa | LugoXa
Bazar e Coea, en Castro de Rei, celebran a fin de semana as súas festas patronais na honra de San Antón e a Virxe do Socorro.
16 Jun 2023
As parroquias de Bazar e Coea, en Castro de Rei, celebran a fin de semana, 17 e 18 de xuño, as súas festas patronais na honra de San Antón e a Virxe do Socorro.
A celebración dará o sábado ás 13.30 horas coa misa e a procesión seguida da sesión vermú coa orquestra Alianza. Esta mesma formación será a encargada da verbena xunto á orquestra Olympus.
O domingo repetirase a programación relixiosa pero a animación musical estará a cargo da Charanga 555 en sesión vermú e verbena. Pola noite tamén estará o grupo Tania Veiras.