Becín acollerá un obradoiro gratuíto de coiro con fins solidarios o vindeiro luns

A localidade de Becín, no concello de Guitiriz, será escenario o luns 17, en horario de tarde, dun obradoiro de coiro aberto á participación da veciñanza. A actividade, organizada pola asociación Obradoiro de Soños, ofrecerá ás persoas asistentes a oportunidade de aprender a traballar o coiro mediante patróns sinxelos e accesibles.
O taller será impartido por Artesanía Catro Recreacións e terá un carácter solidario, xa que as pezas elaboradas durante a xornada destinaranse á súa venda no posto da asociación durante a Feira de Nadal de Parga.
A organización informa de que a participación será totalmente gratuíta e que todos os materiais necesarios para a realización da actividade estarán incluídos. As prazas son limitadas, aínda que, no caso de rexistrarse unha elevada demanda, valorarase a posibilidade de organizar novas sesións.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa reserva contactando con Alba no teléfono 633 743 416 ou con Lucía no 669 808 958.