O Concello de Begonte abriu o prazo de solicitude para as subvencións en réxime de concorrencia competitiva para asociacións culturais, deportivas e veciñais para o ano 2026 dirixidas principalmente á realización de actividades co obxectivo de fomentar a participación da veciñanza.
O período que se terá en conta para a realización de actividades será o exercicio económico do 2026 e poderán solicitalas todas as asociacións rexistradas no Concello de Begonte, sen fins lucrativos e que están ao curso das obrigas tributarias.
Para os efectos desta convocatoria, entenderase por programas ou actividades culturais e deportivas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e deportiva e á difusión e animación sociocultural que contribúa ao espallamento e promoción da cultura e o deporte, quedando excluídas as comidas e a rehabilitación e acondicionamento de locais.
O Concello destinará unha cuantía máxima de 15.000 euros cun máximo por asociación de mil euros para as asociacións veciñais e culturais e de 600 para as deportivas.
A concesión das subvencións realizarase por concorrencia competitiva e os beneficiarios terán a obriga de xustificar o importe total concedido no prazo que se indique na notificación da concesión. O prazo de presentación rematará o 19 de maio.
