Begonte acolle este domingo a sétima edición da súa Carreira Popular
Un total de 370 persoas participarán este domingo, 30 de xuño, no concello de Begonte na nova edición da Carreira Popular que xa chega a súa sétima edición. Ademais, organízase unha andaina para todas as idades que dará comezo ás 10.00 horas cunha distancia de 7 quilómetros.
O apartado deportivo arrincará coa carreira absoluta será ás 11:00 horas e constará tamén de 7 quilómetros. Ás 12:00 horas comezará a proba da categoría D, nados antes de 2005 e que percorreran 3.500 metros; logo chegará a categoría C ás 12:15 horas será para os nados de 2009 a 2011 e farán 2.000 metros; a categoría B será ás 12:35 horas cos nados de 2012 a 2014 percorrendo 1.000 metros; ás 12:45 horas a categoría A percorrerá 500 metros e será para os nados de 2015 a 2016; e xa por último os minis, nados de 2017 a 2020, que farán 150 metros e comezarán ás 12:50 horas.
Os premios serán para os tres primeiros clasificados na carreira absoluta masculina e feminina, que ademais de trofeo recibirán un agasallo. Tamén haberá premios para os catro mellores equipos e distinguirase ao primeiro atleta local masculino e feminino. Así mesmo, tamén haberá premio para o club que leve o maior número de inscritos e para os tres primeiros clasificados no resto de categorías.