Begonte acolle este sábado a obra de teatro amador 'Vaia co Pronóstico', de Aturuxeiros de Bravos

TerraChaXa
A obra forma parte da programación coa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión do teatro afeccionado nas axendas culturais de varios municipios
vaia-pronostico-aturuxeiros-de-bravos
13 Oct 2026

A Casa da Cultura de Begonte acollerá este sábado, 17 de outubro, ás 19.00 horas, a representación de Vaia co Pronóstico, a cargo do grupo de teatro afeccionado Aturuxeiros de Bravos. A función está dirixida a todos os públicos.

A obra forma parte da programación coa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión do teatro afeccionado nas axendas culturais de varios municipios da provincia durante a terceira semana de outubro, entre eles Begonte, Ribadeo, Cervo, Taboada, Foz, Ribas de Sil e A Pontenova.

A historia comeza con Antón ingresado no hospital en estado moi grave tras sufrir un accidente. A familia recibe o aviso e, cando chega ao centro hospitalario, descobre que nada é o que parece.

0.18534302711487