Begonte acollerá o luns un taller de primeiros auxilios aberto á veciñanza

TerraChaXa
As inscricións están abertas ata o 8 de maio, cun número de prazas limitadas
curso-primeiros-auxilios-Sarria
7 May 2025

O luns 12 de maio, de 16:30 a 20:30 horas, a Casa da Cultura de Begonte acollerá un taller de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. A actividade está organizada polo Concello de Begonte, a través da Escola Galega de Saúde, e será impartida por Marta Fernández López, enfermeira asistencial da Base de Lugo do 061 Galicia.

O obxectivo desta formación é dotar á cidadanía de coñecementos básicos para saber actuar en situacións que requiran unha intervención inmediata, así como resolver dúbidas frecuentes sobre primeiros auxilios.

Durante o taller abordaranse cuestións prácticas como a maneira correcta de chamar ao 061, como actuar ante dor torácico, perda de coñecemento (síncope, coma...), e tamén se ensinarán técnicas de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP), como actuar ante atragantamentos e como recoñecer unha parada cardiorrespiratoria (PCR).

As inscricións están abertas ata o 8 de maio, cun número de prazas limitadas, polo que desde o Concello recoméndase anotarse canto antes. A inscrición pode realizarse tanto de forma presencial no Concello como a través da ligazón facilitada pola organización.

⚙ Configurar cookies
0.17962408065796