Begonte anuncia unha nova edición do seu tradicional mercado de nadal e abre o prazo de inscrición

Debido ao éxito das anteriores edicións, o Concello de Begonte anunciou que está a preparar por sexto ano consecutivo o mercado de nadal que se celebrará os días 19 e 20 de decembro, de 12.00 a 21.00 horas, nas inmediacións do concello.
Como sempre abrirá un tempo para que os interesados en participar como vendedores poden solicitar o seu posto no Concello. Búscanse expositores de artesanía, alimentación, ocio, decoración, atraccións, etc, que terán a súa estadía gratuíta.
A intención do Concello é preparar para eses días de mercado unha morea de actividades para nenos e adultos.
Os interesados en inscribirse ou informarse poden facelo no Concello a través do teléfono 619 455 026 ou na dirección de correo cultura@concellodebegonte.es antes do 4 de decembro.
O Concello repite nesta convocatoria despois do éxito acadado nas edicións anteriores, xa que contou con numeroso público asistente e moitos postos de venda.