Begonte arranca cunha churrascada as súas festas de San Pedro
Begonte celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Pedro. Será ás 22.00 horas amenizada polo grupo Supertop e o Dj Ello.
A programación oficial das festas continuará o sábado, 29 de xuño. A música estará ao cargo do grupo Superstar que fará un pase en sesión vermú e outro pola noite, compartindo escenario coa discomovil Revoluxxion.
O domingo, será o dúo Milenial o que se encargue do apartado musical en sesión vermú, xa que non está prevista verbena.
Por outra banda, haberá misa solemne e procesión ás 13.00 horas tanto o sábado como o domingo.
Con motivo das Festas Patronais de Begonte, o acceso á Praza Irmáns Souto Montenegro permanecerá pechado ó tráfico rodado o xoves 27 de xuño, polo que a praza deberá quedar libre de vehículos.