Begonte arranca cunha churrascada as súas festas de San Pedro

TerraChaXa
Con motivo das festas, o acceso á Praza Irmáns Souto Montenegro permanecerá pechado ó tráfico rodado
Orquestra-Panorama
Orquestra
28 Xuño 2024

Begonte celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Pedro. Será ás 22.00 horas amenizada polo grupo Supertop e o Dj Ello.

A programación oficial das festas continuará o sábado, 29 de xuño. A música estará ao cargo do grupo Superstar que fará un pase en sesión vermú e outro pola noite, compartindo escenario coa discomovil Revoluxxion.

O domingo, será o dúo Milenial o que se encargue do apartado musical en sesión vermú, xa que non está prevista verbena.

Por outra banda, haberá misa solemne e procesión ás 13.00 horas tanto o sábado como o domingo.

Con motivo das Festas Patronais de Begonte, o acceso á Praza Irmáns Souto Montenegro permanecerá pechado ó tráfico rodado o xoves 27 de xuño, polo que a praza deberá quedar libre de vehículos.

0.17793893814087