Begonte celebra a finais de agosto a sexta edición do seu torneo de pádel de verán

O Concello de Begonte continúa coa programación deportiva e cultural de verán coa celebración do VI Torneo de Pádel que terá lugar os días 28, 29 e 30 de agosto.
A organización estableceu un prezo de 20 euros por parella. Todo aquel que queira participar, debe inscribirse ata o 21 de agosto cubrindo a folla de inscrición e aboando a cantidade no concello en horario de mañá.
Establécese a categoría libre (masculina, feminina ou mixta) e a organización ten un welcome pack de agasallo, seguro de accidentes, bolas a cargo da organización e reparto de augas.
Haberá premios para os dous primeiros clasificados do cadro de honra e os 2 primeiros do cadro de consolación.
A inscrición pode facerse no Whatsapp 619 455 026.