Begonte celebra o seu Entroido hoxe, xunto a outras citas da comarca

TerraChaXa
O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración dunha nova edición do Concurso de Disfraces e Comparsas 2023
entroido begonte concurso disfraces portada
entroido begonte concurso disfraces portada
25 Feb 2023

O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración dunha nova edición do Concurso de Disfraces e Comparsas 2023, co que se pretende, segundo explica a organización, "consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular".

A celebración está prevista hoxe, 25 de febreiro, ás 16.30 horas cun desfile en Baamonde para o que o prazo de inscrición xa rematou o mércores 22 de febreiro.

Un ano máis haberá cinco premios para adultos en categoría individual (de entre 100 e 35 euros) e cinco en comparsas (entre 500 e 80 euros) e tres para os disfraces realizados para individuais ou comparsas para veciños de Begonte. Nestre caso os premios serán de 100 a 50 euros para o primeiro grupo e de 200 a 100 para o segundo.

Ademais, de 18.00 a 20.00 horas está prevista unha festa infantil con inchables para todos os nenos e nenas seguido dun baile de entroido que estará amenizad por discoteca móbil.

As bases de participación poden consultarse neste enlace.

E ademais...

Festival da Banda de Música das Pontes

Cea baile do CD Xermade

Comida en Cabreiros

entroido begonte concurso disfraces
festival entroido banda de musica as pontes
cea baile cocido entroido xermade
cocido
0.2184579372406