Begonte celebra o venres e o sábado a clasura das actividades

TerraChaXa
Serán dúas sesións, a primeira para nenos e a segunda para adultos
clasura-actividades-begonte
Cartel do evento
30 Maio 2024

O venres día 31 de maio e o sábado día 1 de xuño serán as clausuras de actividades socioculturais e deportivas do Concello de Begonte

O acto dos pequenos será o venres e dará comezo ás 16.30 horas no pavillón de Baamonde coas exhibicións dos distintos grupos deportivos.

A continuación, procederase á entrega de medallas para finalmente despedir esta anualidade cunha festa con inchables que, se o tempo o permite, se trasladará á praza de Baamonde.

O sábado 1 será a clausura das actividades para a mocidade e adultos. O acto arrancará ás 16.30 horas no pavillón de Baamonde coas exhibicións dos distintos grupos.

Ademais, haberá tamén exposición de pintura, cestería, manualidades e palillos.

0.18526792526245