Begonte celebrará unha churrascada popular para abrir as festas de San Pedro

TerraChaXa
O domingo 28 pecharase o programa cunha misa solemne ás 13.30 horas e unha sesión vermú amenizada polo trío Merengue
festas-begonte
23 Jun 2026

A localidade de Begonte dará comezo ás súas festas na honra a San Pedro o venres cun programa no que a música, a gastronomía e os actos relixiosos serán os grandes protagonistas.

A celebración arrancará cunha churrascada popular prevista para as 22.00 horas. A asistencia será gratuíta para as persoas colaboradoras, mentres que o resto dos asistentes deberán aboar 10 euros. A continuación terá lugar unha verbena amenizada polo grupo Tapioka.

O sábado continuarán os festexos cunha misa solemne ás 13.00 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo da orquestra Stereo. Pola noite, a formación volverá subir ao escenario para protagonizar a verbena, na que tamén participará o DJ Billy.

O domingo 28 pecharase o programa cunha misa solemne ás 13.30 horas e unha sesión vermú amenizada polo trío Merengue.

 

0.1347451210022