Begonte celebrou o concurso de Entroido cun gran éxito de participación

TerraChaXa
Begonte celebrou este sábado un novo concurso de Entroido que contou cun total de 54 inscritos, unha cantidade de rércord.
18 Feb 2024

Begonte celebrou este sábado un novo concurso de Entroido que contou cun total de 54 inscritos, unha cantidade de rércord.

Na categoría de comparsas o primeiro premio por para Os Edro, seguidos de Os máis limpos da Chaira, Meigallos, Galiñeiro con Cea e Os Tarambainas. Tamén se concedeu un accésit a O Rei Molón mola mogollón. Estes cobrarán entre 500 e 80 euros cos 60 do accésit.

Na categoría parellas e tríos concedéronse tres premios, Fantasía primaveral, que recibirá 120 euros, seguido de O cocido de Angustias e Marcelino e Patrulla canina, estes con premios de 80 e 60 euros.

Cen euros recibirá Dark Cristal na categoría de individual adultos por ser o gañador. Quedaron por debaixo Raíña da reciclaxe (75 euros) e A Dama do plumaxe (50 euros).

Na categoría infantil individual premiouse a Raíña do Antroido, Reina Natureza e Dando a nota, con premios entre 100 e 50 euros. Ademais, concedeuse un accésit a Volvoreta.

Tamén se concederon outros premios a concursantes do Concello de Begonte. Na individual infantil só houbo un, Raíña das Abellas, que recibirá 80 euros.

En comparsas os premios locais foron para Na Taberna, Popitontes e Más Allá, que recibirán entre 200 e 100 euros. Ademais de Sexy Boom, que levó un accésit de 50 euros.

Na categoría de parellas e tríos houbo dous premiados, Pulpería Sabela e Deus salve á Raíña.

0.12959718704224