Begonte contará en xullo cun novo campus de patinaxe

TerraChaXa
Os interesados en participar deberán inscribirse previamente antes do 26 de xuño
campus-patinaxe-begonte
12 May 2026

O Concello de Begonte celebrará no mes de xullo unha nova edición do campus de patinaxe coincidindo co tempo de lecer dos pequenos e para axudar na conciliación da vida familiar e laboral.

O campus terá lugar no pavillón municipal de Begonte do 13 ao 17 de xullo en xornada de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, e está dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 16 anos.

Terá un custe de 40 euros para o público en xeral e de 30 para os empadroados, escolarizados ou participantes nas escolas deportivas de Begonte.

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente. O prazo para facelo pecha o 26 de xuño e poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello ou na mesma casa consistorial.

Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto co Concello no teléfono 982 396 143.

0.14469408988953