Begonte convoca a cuarta edición do seu torneo de pádel de verán

TerraChaXa
Terá lugar os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro
torneo-de-padel-begonte
28 Xul 2024

O Concello de Begonte continúa coa programación deportiva e cultural de verán coa celebración do IV Torneo de Pádel que terá lugar os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.

A organización estableceu un prezo de 20 euros por parella, ata un máximo de 24, polo que será necesario inscribirse antes do 28 de agosto cubrindo a folla de inscrición e aboando a cantidade no concello en horario de mañá.

Establécese a categoría libre (masculina, feminina ou mixta) e a organización establece un welcome pack de agasallo, seguro de accidentes, bolas a cargo da organización e reparto de augas.

Haberá premios para os dous primeiros clasificados do cadro de honra e os 2 primeiros do cadro de consolación.

A inscrición pode facerse no Whatsapp 619 455 026.

0.15138506889343