Begonte convoca o seu concurso de Entroido para o día 21 de febreiro


O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración dunha nova edición do Concurso de Disfraces e Comparsas 2026, co que se pretende, segundo explica a organización, "consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular".
A celebración está prevista para o sábado 21 de febreiro ás 16.30 horas cun desfile no pavillón de Baamonde para o que o prazo de inscrición rematará o mércores 18 de febreiro ás 14.00 horas.
Haberá tres premios para adultos en categoría individual (de entre 80 e 50 euros) e cinco en comparsas (entre 500 e 75 euros) e tres para os disfraces realizados para comparsas para veciños de Begonte e dous en individual. Neste caso, os premios serán de 175 a 75 euros para o primeiro grupo e de 50 a 30 para o segundo.
Establécese unha categoría de individual infantil con premios xerais e para veciños coas mesmas cantidades que nos adultos. Tamén este ano manterase a categoría de mascarada, modalidade na que se encadra a participación de pequenos grupos entre 3 e 5 compoñentes, con premios diferenciando entre a categoría xeral (entre 120 euros e 60) e os especiais para os locais (dous premios de 80 e 60 euros).
As inscricións poden facerse presencialmente nas oficinas municipais, no Rexistro Xeral do Concello de Begonte, cubrindo o Anexo I, ou na sede electrónica ata o 18 de febreiro
Consulta o programa neste enlace