Begonte desenvolve un amplo programa contra a violencia de xénero

TerraChaXa
Un ano máis o Concello de Begonte súmase á campaña de sensibilización contra a violencia de xénero con varios actos e actividades.
begonte en negro
23 Nov 2023

O Concello de Begonte preparou un amplo programa de actividades para celebrar o Día contra a violencia de xénero, o 25N, que se prolongarán durante toda a semana. De feito, estase a realizar unha ampla campaña tanto en redes sociais como nos establecementos comerciais e tense iluminado en morado a escultura A Muller Labrega.

A primeira destas actividades terá lugar o venres 24, cunha concentración silenciosa para lembrar a todas as vítimas da violencia. Será ás 12.00 horas diante do Concello.

Tamén están programadas tres actividades máis relacionadas. O sábado 25 será tempo de teatro, coa representación da obra o Menciñeiro á forza, a cargo dos Píscaros da Lagoa. Será na casa da cultura, ás 17.30 horas.

Esta fin de semana e seguindo a tradición os equipos de fútbol sala do Concello de Begonte disputarán os seus partidos de categorías sénior masculino e feminino cunha camiseta conmemorativa do 25N.

A programación seguirá o 27 deste mes e o 1 de decembro cun curso gratuíto de autodefensa para mulleres no telecentro de Begonte, entre as 16.30 e as 20.30 horas.

begonte programa 25N violencia de xenero
0.069236040115356