Begonte ofrece seis cursos sobre formación TIC durante tres xoves

TerraChaXa
As formacións serán de 10 a 11.30 a primeira e de 11 a 12.30 a segunda os tres días
cursos-internet-begonte
Cartel
12 Xuño 2024

O Concello de Begonte e CiberformacionesTIC ofrecen no Telecentro novos cursos gratuítos a todas aquelas persoas que queiran iniciarse ou afondar no uso da tecnoloxía, internet e as redes sociais.

Están programados seis cursos, dous por día, que comezarán este xoves, 13, para tratar por unah parte sobre a iniciación ao uso do ordenador e internet e na outra sobre os conceptos básicos de smartphone.

O xoves 20 aprenderán a pedir cita médica online e tamén sobre o uso seguro de internet. E rematarán o xoves 27 falando de administración electrónica, por unha banda, e como manexar a marca en internet.

As formacións serán de 10 a 11.30 a primeira e de 11 a 12.30 a segunda os tres días.

Hai que anotarse nas oficinas do Concello de Begonte ou chamando ao 982 39 61 43.

0.18288898468018