Begonte organiza cinco excursións para descubrir os espazos naturais máis emblemáticos de Galicia

TerraChaXa
As rutas a pé terán unha dificultade media ou media-alta, polo que o Concello recomenda levar roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas
Imaxe da ruta de sendeirismo por Chelo
14 Sep 2026

O Concello de Begonte organiza unha serie de excursións para descubrir e coñecer diferentes espazos naturais de Galicia e poñer en valor os territorios protexidos da Rede Natura 2000. Baixo o lema «Descubrindo a natureza de Galicia. Camiña, coñece, conserva», a iniciativa contempla cinco rutas entre setembro e outubro.

As saídas terán lugar estre martes, 15 de setembro, á Praia das Catedrais e Fuciño do Porco, o 17 de setembro a Ancares, coa Ruta do Castro, o 27 de setembro ás Fragas do Eume e o Mosteiro de Caaveiro, o 29 de setembro á Pena Avaladoira e á Fervenza do Escouridal e o 2 de outubro ao Complexo Dunar de Corrubedo.

As rutas a pé terán unha dificultade media ou media-alta, polo que o Concello recomenda levar roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas. O autobús sairá arredor das 9.00 horas da Aula da Natureza, situada fronte ao Centro de Saúde de Begonte, e o regreso está previsto sobre as 20.00 horas ao mesmo lugar.

A comida e a viaxe serán gratuítas e haberá un máximo de 20 prazas por saída, que se cubrirán por estrita orde de inscrición. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Begonte.

As persoas interesadas poderán inscribirse en todas as excursións, aínda que terán prioridade aquelas que non participasen anteriormente. No caso de quedar prazas libres, poderán repetir sen ningún problema.

As inscricións poden realizarse no Concello de Begonte ou a través do teléfono 982 39 61 43.

0.15410399436951