Begonte organiza un curso de defensa persoal femenina o 11 de setembro

O Concello de Begonte, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza un curso de defensa persoal feminina enmarcado na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. A iniciativa está dirixida a mulleres maiores de 16 anos e busca proporcionar ferramentas básicas para mellorar a capacidade de resposta ante posibles situacións de risco.
O curso celebrarase o venres 11 de setembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas, no Telecentro de Begonte. A actividade pretende contribuír a reforzar a confianza das participantes e promover a súa autonomía e seguridade.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición ata o 4 de setembro no Concello de Begonte ou a través do teléfono 982 396 143. As prazas son limitadas, polo que a organización recomenda realizar a inscrición con antelación.