Begonte organiza un curso gratuíto de micoloxía con prazas limitadas

TerraChaXa
Entre as 10.00 e as 11.00 horas impartirase a formación teórica, mentres que de 11.00 a 14.00 horas terá lugar un paseo micolóxico
curso-micoloxia-begonte
14 Oct 2026

O Concello de Begonte, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, organiza un curso gratuíto de micoloxía o vindeiro domingo 18 de outubro. A actividade desenvolverase na Aula da Natureza, situada xunto ao Centro de Saúde de Begonte, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

A formación ten como obxectivo achegar as persoas participantes ao mundo dos cogomelos, facilitar o recoñecemento das especies máis habituais da contorna e aprender a diferencialas, así como coñecer as boas prácticas para a súa recollida e conservación.

A xornada dividirase en dúas partes. Entre as 10.00 e as 11.00 horas impartirase a formación teórica, mentres que de 11.00 a 14.00 horas terá lugar un paseo micolóxico para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

O curso conta cun máximo de 25 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición, con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Begonte.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de outubro nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou chamar ao teléfono 982 39 61 43 para obter información e formalizar a inscrición.

A iniciativa busca promover o coñecemento do patrimonio natural da contorna e fomentar unha recollida de cogomelos responsable e respectuosa co medio ambiente.

0.16211700439453