Begonte organiza un curso para a obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios

TerraChaXa
A formación, de 25 horas, desenvolverase do 15 de novembro ao 15 de decembro e contará cun máximo de 30 prazas
fitosanitarios-recurso
9 Oct 2026

O Concello de Begonte pon en marcha un curso de aplicador de produtos fitosanitarios dirixido a persoas que desenvolven actividades nos sectores agrario, forestal ou de xardinería. A formación ten como obxectivo ofrecer coñecementos para a utilización segura, responsable e eficiente deste tipo de produtos.

O curso desenvolverase entre o 15 de novembro e o 15 de decembro de 2026, cunha duración total de 25 horas, e terá lugar na Aula da Natureza I, situada xunto ao Centro de Saúde de Begonte. A actividade contará cun máximo de 30 prazas, con preferencia para as persoas empadroadas no municipio.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 16 de outubro nas oficinas do Concello de Begonte ou a través do teléfono 982 39 61 43.

0.15986800193787