Begonte presenta o seu completo programa de Nadal

TerraChaXa
Arranca cun programa de radio e una actuación de maxia este xoves e venres
primeiro-mercado-nadal-begonte-2021
11 Dec 2024

O Concello de Begonte deu a coñecer a programación de actividades para as festas de Nadal, que inclúe unha ampla variedade de eventos culturais, musicais, deportivos e solidarios, pensados para todas as idades.

O programa comeza o 12 de decembro coa emisión do programa de radio Más de Uno Lugo dende o belén de Begonte e inclúe espectáculos como a actuación de maxia con Roberto Lolo o 13 de decembro.

As tradicionais audicións de Nadal da Escola Municipal de Música levaranse a cabo en diferentes días, coas actuacións de frautas, fagots, saxofóns, gaitas, e percusión entre outras categorías.

O día 19 de decembro realizarase a III Carreira Solidaria San Faiuquiño e finalizará a campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello. O mesmo día, pola tarde, celebrarase unha audición de fagots e saxofóns.

Entre o 21 e o 22 de decembro terá lugar o IV Mercado de Nadal na Praza e na Rúa do Concello, coincidindo coa visita de Papá Noel o día 22. Ademais, o programa inclúe actividades lúdicas como un torneo de pádel os días 28 e 29 de decembro e o Campamento Dixital entre o 2 e o 4 de xaneiro.

Para os amantes do deporte, o 2 de xaneiro disputarase un partido entre o C.B. Breogán e o Baxi Manresa no Pazo dos Deportes de Lugo e o Concello invita a asistir. As festas culminarán o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis e a visita das Súas Maxestades ao Belén de Begonte.

O belén electrónico, declarado de Interese Turístico, permanecerá aberto ao público durante todo o período festivo. O programa complétase con actividades gratuítas como a ludoteca no Telecentro e as actuacións da aula de pandeiretas e canto tradicional.

programa-nadal-begonte
0.16447615623474