Begonte recolle dende o 17 os plásticos de silos

TerraChaXa
O Concello de Begonte recollerá os plásticos de silos dende o 17 de maio. Haberá que depositalos nos lugares habituais antes desa data.
PLASTICOS AGRICOLAS 1_portada
10 Mar 2021

O Concello de Begonte acometerá a partir do 17 marzo a recollida de plásticos de silos. Ao non ser domiciliaria, os veciños terán que depositar estes verquidos nos puntos de recollida habituais. Terán que estar antes desa mesma data.

Os puntos de recollida serán:

  • Roza Alta no monte de Felmil: Para as parroquias de Damil e Felmil.
  • Campo da festa de Trobo: Para as parroquias de Gaibor, Illán e Trobo.
  • Explanada da ponte da autovía na pista de Carral.
  • Campo xunto da igrexa de Viris: Para as parroquias de Donalbay, Begonte, Cerdeiras e Virís.
  • Campo xunto ao centro social Emprestamo: Para as parroquias de Uriz, Baldomar e Carral.
  • Aparcamento campo de fútbol de Pacios: Para as parroquias de Baamonde e Pacios.
  •  Santalla de Pena-Curetela no cruce de Toimil coa estrada da Deptuación: Para as parroquias de San Vicente de Pena e Santalla de Pena.
  • Alto da Cruz na parroquia de Bóveda: Para as parroquias Bóveda e O Castro.

Os interesados deberán chamar ós teléfonos do Concello de Begonte 982 39 61 43 ou 982 39 60 09.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns nin garrafas).

0.18482613563538