Begonte recollerá os plásticos de silos o día 17
									TerraChaXa								
			O Concello de Begonte anunciou que recollerá os plásticos de silos o día 17 dos diferentes puntos destinados para este efecto xa que a recollida non é domiciliaria.
 
			
			14 Mar 2020
			
				O Concello de Begonte anunciou que recollerá os plásticos de silos o día 17 dos diferentes puntos destinados para este efecto xa que a recollida non é domiciliaria. Os lugares nos que se deben depositar os plásticos son:
- Roza Alta no monte de FElmil. Para as parroquias de Damil e Felmil
 - Campo dafesa de Trobo. Para as parroquias de Gaibor, Illán e Trobo.
 - Esplanada da ponte da autonmía na pista de Carral.
 - Campo xunto da igrexa de Viris. Para as parroquias Donalbai, Begonte, Cerdeiras e Virís.
 - Carral, no campo xunto ao centro social Emprestamo: Para as parroquias de Uriz, Baldomar e Carral.
 - Aparcamento campo de fútbol de Pacios. Para as parroquias de Baamonde e Pacios.
 - Santalla de Pena-Curutela, no curce de Toimil coa carretera da Deputación. Para as parroquias de San Vicente de Pena e Santalla de Pena.
 - Alto da Cruz na parroquia de Bóveda. Para as parroquias Bóveda e O Castro.
 
Os interesados deberán chamar previamente aos teléfonos 982 39 61 43 ou 982 39 60 09.
O Concello lembra que os plásticos deberán ir limpos de terra (só plástico de silo, nin cordóns nin garrafas).