Begonte recollerá os plásticos de silos o día 17

TerraChaXa
O Concello de Begonte anunciou que recollerá os plásticos de silos o día 17 dos diferentes puntos destinados para este efecto xa que a recollida non é domiciliaria.
14 Mar 2020

O Concello de Begonte anunciou que recollerá os plásticos de silos o día 17 dos diferentes puntos destinados para este efecto xa que a recollida non é domiciliaria. Os lugares nos que se deben depositar os plásticos son:

  • Roza Alta no monte de FElmil. Para as parroquias de Damil e Felmil
  • Campo dafesa de Trobo. Para as parroquias de Gaibor, Illán e Trobo.
  • Esplanada da ponte da autonmía na pista de Carral.
  • Campo xunto da igrexa de Viris. Para as parroquias Donalbai, Begonte, Cerdeiras e Virís.
  • Carral, no campo xunto ao centro social Emprestamo: Para as parroquias de Uriz, Baldomar e Carral.
  • Aparcamento campo de fútbol de Pacios. Para as parroquias de Baamonde e Pacios.
  • Santalla de Pena-Curutela, no curce de Toimil coa carretera da Deputación. Para as parroquias de San Vicente de Pena e Santalla de Pena.
  • Alto da Cruz na parroquia de Bóveda. Para as parroquias Bóveda e O Castro.

Os interesados deberán chamar previamente aos teléfonos 982 39 61 43 ou 982 39 60 09.

O Concello lembra que os plásticos deberán ir limpos de terra (só plástico de silo, nin cordóns nin garrafas).

0.16353487968445