Begonte reforza a súa seguridade cardiaca coa instalación dun novo desfibrilador no ximnasio municipal

TerraChaXa
A dispoñibilidade deste tipo de equipamento resulta fundamental ante posibles paradas cardíacas
desfibrilador-begonte
21 Apr 2026

O Concello de Begonte vén de incorporar un novo desfibrilador externo automático (DEA) no ximnasio municipal, ampliando así os recursos destinados á atención de emerxencias sanitarias nas instalacións deportivas. Este dispositivo súmase ao xa existente no Pavillón Municipal de Baamonde, reforzando a protección das persoas usuarias destes espazos.

A dispoñibilidade deste tipo de equipamento resulta fundamental ante posibles paradas cardíacas, xa que permite unha intervención rápida nos primeiros minutos, incrementando de maneira notable as posibilidades de supervivencia ata a chegada dos servizos de emerxencia.

Dende o goberno local destacan que esta medida supón un paso máis no compromiso coa saúde pública, a prevención e o benestar da veciñanza, especialmente nun ámbito como o deportivo, onde a actividade física require tamén garantías de seguridade.

Con esta actuación, Begonte continúa avanzando na mellora das súas infraestruturas e na creación de contornas máis seguras para a práctica do deporte e o lecer.

0.13890385627747