Begonte renovou o pavillón do colexio e comprou material para o ximnasio
O Cocello de Begonte realizou obras de mellora da pista e do pavillón do colexio Virxe do Corpiño e tamén do ximnasio. Estas obras foron financiadas pola Xunta de Galicia e supervisadas polo xefe do Servizo Provincial de Deportes en Lugo, Manuel Otero, Cadramón. Contaron cun orzamento de arredor de 50.000 euros e a entidade autonómica aportou o 80%.
As obras consistiron na substitución de todos os canalóns de recollida de pluviais, xa que o seu mal estado provocaba que a auga filtrase ao interior polos muros. Tamén se levou a cabo a limpeza da pista de formigón pulido, renovando a pintura. Tano esta como os canalóns eran os orixinais da estrutura.
Estas eran as últimas obras que quedaban no centro, que xa, anteriormente, completouse co peche perimetral, dotouse de vestiarios e renovouse a cuberta.
Esta infraestrutura é moi utilizada para actos sociais así como para o alumnado do colexio, os adestramentos de fútbol sala e polo equipo de ximnasia rítmica.
Ademais, o Concello recibiu outra axuda da Xunta, de preto de 12.000 euros para a compra de distintos equipamentos, cos que adquiriu porterías, canastras para o pavillón e material para o ximnasio municipal, como cintas, mancuernas e pesas.