Begonte volve acoller o luns 19 un taller de primeiros auxilios

O luns 19 de outubro, de 16:30 a 20:30 horas, a Casa da Cultura de Begonte acollerá un taller de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. A actividade está organizada polo Concello de Begonte e a Escola Galega de Saúde.
O obxectivo desta formación é dotar á cidadanía de coñecementos básicos para saber actuar en situacións que requiran unha intervención inmediata, así como resolver dúbidas frecuentes sobre primeiros auxilios.
Durante o taller abordaranse cuestións prácticas como a maneira correcta de chamar ao 061, como actuar ante dor torácico, perda de coñecemento (síncope, coma...), e tamén se ensinarán técnicas de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP), como actuar ante atragantamentos e como recoñecer unha parada cardiorrespiratoria (PCR).
As inscricións están abertas ata o 15 de outubro, cun número de prazas limitadas, polo que desde o Concello recoméndase anotarse canto antes. A inscrición pode realizarse tanto de forma presencial no Concello ou nesta ligazón.