Begonte volverá contar en xuño e xullo cunha nova edición do campus de fútbol sala

TerraChaXa
O Concello establece un total de 90 prazas para as que o prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de maio
campus-futbol-sala-begonte
10 May 2026

O Concello de Begonte acollerá do 22 de xuño ao 3 de xullo unha nova edición do campamento de verán que contará tamén coa celebración do Campus Mixto de Fútbol Sala.

O Concello establece un total de 90 prazas para as que abre este luns, 11 de maio o prazo de inscrición, que poderá facerse ata o 29 de maio e será por rigorosa orde de solicitude. 

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 4 a 17 anos e contará con actividades diversas, como surf, multideporte, parque acuático, inchables, festa da escuma, kayak e fútbol sala, con visitas de xogadores e adestradores profesionais.

O horario do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas con servizo de madrugadores para os que o necesiten cun suplemento de dez euros sobre os 110 que ten de custo o campamento para os escolarizados en Begonte e alumnos das escolas deportivas. O prezo xeral será de 150 euros con descontos para os irmáns.

Os que desexen máis información poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 634 792 375.

0.12111806869507