Belesar celebra as festas do Corpus Christi esta fin de semana

A parroquia de Belesar, en Vilalba, celebrará os vindeiros días 29 e 30 de maio as súas tradicionais festas na honra ao Corpus Christi cun variado programa de actividades pensado para todos os públicos.
O venres 29 de maio, a partir das 22:00 horas, haberá pinchos gratuítos para todos os asistentes, seguidos dunha animada verbena a cargo do dúo Estrellas.
A xornada do sábado 30 comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne e a tradicional procesión. Xa pola tarde celebrarase a sesión vermú coa Orquestra Los Españoles, que tamén será a encargada da verbena nocturna, compartindo escenario co dúo Eclipse.
Ademais, os máis pequenos poderán desfrutar de colchonetas gratuítas, e as festas contarán cun campo cuberto con carpa, garantindo así a celebración sen importar as condicións meteorolóxicas.