Bermui celebra o San Antonio o sábado cunha xornada festiva

TerraChaXa
Durante a xornada, os máis pequenos poderán gozar dun inchable, e haberá carpa e toldo para garantir o confort de todos os asistentes
festas-en-bermui
12 Jun 2026

A parroquia de Bermui, nas Pontes, prepárase para celebrar por todo o alto a festividade de San Antonio este sábado, cunha xornada cargada de música, boa comida e actividades para toda a familia.

Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa solemne, que contará coa participación da Rondalla Vila das Pontes. Ao remate, celebrarase unha sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina.

Ás 15:00 horas terá lugar un xantar popular, cun menú composto por empanada, polbo, costela asada, sobremesa, café, licores, pan, auga, viño e refrescos.

Durante a xornada, os máis pequenos poderán gozar dun inchable, e haberá carpa e toldo para garantir o confort de todos os asistentes.

A partir das 21:00 horas, comezará a gran verbena, que estará a cargo de Alma Latina e Rosán, para o desfrute de veciños e visitantes.

0.11986804008484