Bibliotecas da comarca recibirán unha subvención para compra de libros

TerraChaXa
A Consellería de Cultura e Turismo destina 80.
22 Xul 2020

A Consellería de Cultura e Turismo destina 80.300 euros a colaborar con 34 concellos da provincia de Lugo para adquirir novidades editoriais en galego en formato físico e para mellorar as coleccións bibliográficas de bibliotecas e axencias de lectura municipais.

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da orde pola que se conceden estas achegas, das que se beneficiarán Alfoz, Antas de Ulla, Barreiros, Bóveda, Burela, Cervo, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Ourol, Pantón, O Páramo, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribadeo, Riotorto, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

Esta orde de axudas ten dúas liñas de acción. Unha delas serve para que os centros poñan ao dispor das persoas usuarias as novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante a compra de libros en formato físico.

O segundo programa vai dirixido á mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas, coa finalidade de actualizalas e incrementar a oferta e o servizo ás persoas usuarias, atendendo de forma especial ás campañas de verán e Nadal, nas cales se incrementa a demanda deste servizo.

Das 34 entidades locais beneficiarias na provincia de Lugo, 27 perciben axuda para os dous programas e sete exclusivamente para liña orientada a adquirir novidades editoriais en galego. O texto da resolución pode consultarse no DOG.

0.18749713897705