Biciclistas Galegas superan con éxito a súa participación na Powerade Non Stop
A extrema climatoloxía, con temperaturas que superaron os 40º, fixo durísima a sexta edición da Powerade Non Stop Madrid-Tajo Internacional-Lisboa by MRW, unha das máis duras da historia según a organización e na que participaron Biciclistas Galegos.
Nesta ocasión foi unha edición con récord de participantes (máis de 800) e algúns nomes tan coñecidos como os dos ciclistas Paco Mancebo e Moisés Donas, o futbolista Roberto Solozábal, o xogador de baloncesto Iñaki de Miguel, o xogador de balonmán Samuel Trives e o xornalista televisivo Antonio Lobato.
Moito menos coñecidos pero coa mesma ilusión dous equipos de ciclistas da Chaira viaxaban ata Madrid para completar en bicicleta de montaña e por relevos, os 770 km e máis de 10.000 metros de desnivel acumulado que unen a capital con Lisboa. Para iso, ambos os dous equipos empregaron un tempo de 46 h e 30´ que os colocou nun meritorio posto 122 e 123 da xeral, 51 e 52 da categoría de equipos de catro e no posto 11 na categoría de equipos mixtos.
Os equipos Biciclistas Galegos e o CC Terra Chá disputaron xuntos as 10 etapas do reto. A máis dura foi a número 7 entre Cedillo e Ponte do Sor onde a temperatura e dureza do recorrido puxeron a proba as súas capacidades físicas e mentais. Tamén foron complicadas as etapas nocturnas que engaden complexidade á navegación por gps.
A carreira foi seguida a través da web ata que, por problemas técnicos, deixou de actualizarse situando aos nosos deportistas detidos nalgún punto entre Coruche e Lisboa na madrugada do sábado 22.
“Foron momentos de incertidume para os nosos familiares e amigos ata que puidemos contactar con eles” cometan os participantes.
Pasado o susto, o domingo pola mañán chegaban á meta a Lisboa onde degustaron productos típicos da Chaira. Non faltou o queixo de San Simón e os chorizos do José Manuel que compartiron con algúns dos participantes doutros equipos.