Biciclistas Galegos celebrou o Día das Letras Galegas cunha ruta por Abadín

TerraChaXa
A actividade desenvolveuse con normalidade e contou coa participación de numerosos afeccionados ao ciclismo
bicilistas-galegos-abadin
21 May 2026

O colectivo Biciclistas Galegos celebrou o Día das Letras Galegas cunha ruta en bicicleta por diferentes lugares emblemáticos do Abadín. A actividade converteuse na segunda cita do ano da entidade tras a primeira ruta de bicicleta de montaña organizada en Lugo.

A pesar das condicións meteorolóxicas adversas e da choiva presente durante a xornada, a actividade desenvolveuse con normalidade e contou coa participación de numerosos afeccionados ao ciclismo.

O alcalde de Abadín, Xosé María López Rancaño, foi o encargado de dar a saída á proba, que supuxo ademais a primeira actividade organizada por Biciclistas Galegos desde o traslado da súa sede social ao municipio abadinense.

Durante o encontro, o rexedor trasladou o seu apoio á entidade e amosou a disposición do Concello para colaborar nas distintas iniciativas impulsadas polo novo club deportivo local.

A programación anual de Biciclistas Galegos continuará a finais deste mes cunha nova actividade prevista en Ribadeo, dentro do calendario de rutas e encontros organizados pola asociación ao longo deste ano.

0.12139892578125