Bloques Cando expándese no polígono de Mondoñedo

TerraChaXa
A emprea de Castro Ribeiras de Lea Bloques Cando S.
17 Feb 2020

A emprea de Castro Ribeiras de Lea Bloques Cando S.L adquiriu tres parcelas (S26, S27 e S28) no polígono de Mondoñedo co obxectivo de, nunha superficie que supera os 3.100 metros cadrados, implantar unha planta destinada á fabricación deste material para posterior distribución en obra.

O proceso de implantación leva aparellado tamén a creación de novos postos de traballo de forma directa e indirecta, xa que a súa posta en marcha require a contratación de persoal tanto para operar na planta en si, como para a distribución do material.

Mondoñedo é municipio doing business, é dicir, un concello adherido a esta iniciativa, impulsada desde o Igape, que permite ofrecer ás empresas que se instalen no seu territorio rebaixas fiscais. Deste xeito, os proxectos empresariais que xeren emprego como o sinalado disporán de rebaixas no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e no Imposto de Actividades Económicas (IAE).

0.18118596076965