Boa participación na VI Regata de Piragüismo celebrada en San Cibrao

TerraChaXa | AMariñaXa
A VI Regata da liga provincial de Lugo Copa Diputación celebra en San Cibrao onte rematou a tempada cuns 100 palistas.
calvario 2
1 Nov 2020

A VI Regata da liga provincial de Lugo Copa Diputación celebra en San Cibrao onte rematou a tempada cuns 100 palistas.

Na proba, ademais do club anfitrión, o Club Deportivo San Ciprián, competiron o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban, como representantes mariñáns.

En equipos, o Urban Viveiro foi o mellor equipo acadando 2531 puntos, o segundo o Viveiro Urban Hotel, o terceiro Altruán de Ribadeo, o cuarto foi o Káyak Foz e o quinto, o anfitrión Club Deportivo San Ciprián.

A nivel individual, o Cidade de Lugo conseguiu 11 triunfos, mentras que o Urban Viveiro e o Altruán dous, o Káyak  e o San Ciprián unha victoria cada un.

En categorías masculinas os mellores foron Saulo Molina do Cidade de Lugo en cadete, Yaroslav Alforov do Cidade de Lugo en alevín, Víctor Devesa do Cidade de Lugo en infantil e Ciffelli Jose Oca do Urban en benxamín.

Nas categorías femeninas impuxeronse en cadetes Ángela Fernández do Altruán, en cadetes; Emma Devesa do Cidade de Lugo, en xuvenil; Cornelia Lourido do Urban Viveiro,
en alevines A; Elena González do Altruán, en alevines B; Andrea Rodríguez do Altruán, en infantiles A; Sara Abel do Cidade de Lugo en infantiles B; Ángela Abel do Cidade
de Lugo, en benxamíns, e Leyre García do Káyak de Foz, en prebenxamíns.

99dbe7e3 6583 499c 9b40 b27a3ec489f9
0.19268703460693