Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito e Somiiux súmanse á programación do Rumboia Viva

A asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, continúa a desvelar a composición do cartel da cuarta edición do festival Rumboia Viva, que se celebrará o sábado 27 de xuño na localidade e que xa ten dous artistas máis confirmados.
Consolidado xa como unha proposta cultural destacada na comarca da Terra Chá e como elemento dinamizador do turismo e da economía local, a cita conta co apoio da Xunta de Galicia e do Concello, entre outras entidades.
O festival caracterízase por dar o protagonismo a grupos e artistas da comunidade. Na edición deste ano está confirmada xa a participación dos galegos Caamaño & Ameixeiras e Ulex, ademais do grupo vasco La Txama. A estes sumáronse tamén Boyanka Kostova, que presenta X, e a dj Bea Fernandes, que será a encargada de poñer ritmo ao intermedios. A guinda da xornada estará a cargo de Lucasiito e Somiiux.
A programación completarase con outras actividades lúdicas, como xogos e obradoiros.
O evento celebrarase no campo da feira de Gontán, con entrada de balde.