Bretoña acollerá un obradoiro sobre saúde da muller o xoves

O Teleclub de Bretoña será o escenario o xoves, 28 de maio, do obradoiro Muller e Saúde, unha actividade centrada na promoción da saúde feminina e na prevención de diferentes problemas relacionados co benestar da muller.
A xornada desenvolverase en horario de 16:30 a 20:30 horas e incluirá un programa formativo no que se abordarán cuestións como a menopausa e a osteoporose, a prevención xinecolóxica, os factores de risco, aspectos relacionados coa fisiopatoloxía e recomendacións sobre alimentación e exercicio físico.
A iniciativa busca ofrecer información práctica e ferramentas para favorecer hábitos saudables e mellorar a calidade de vida das participantes.
As persoas interesadas en asistir poden realizar a súa inscrición a través dos teléfonos 982 332 197 e 629 534 793.
A actividade conta coa colaboración do Servizo Galego de Saúde, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o Concello da Pastoriza.