Bretoña celebrará as festas na honra de Santa María os días 21, 22 e 23

TerraChaXa
A programación dará comezo o venres 21 de agosto cunha liscada gratuíta a partir das 21.30 horas
festas-bretona-pastoriza
15 Aug 2026

A parroquia de Bretoña, no concello de Pastoriza, celebrará os días 21, 22 e 23 as tradicionais festas na honra de Santa María cun completo programa no que se combinarán actos relixiosos, propostas gastronómicas e actuacións musicais.

A programación dará comezo o venres 21 cunha liscada gratuíta a partir das 21.30 horas. A continuación celebrarase a verbena, amenizada polos grupos Los Key e Beatriz.

O sábado 22 desenvolverase a xornada principal das festas. A partir das 13.00 horas terá lugar a pasarrúas a cargo do Grupo de Música e Baile Tradicional da Pastoriza. Ás 14.00 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e da sesión vermú coa orquestra Los Españoles. Pola noite, desde as 23.00 horas, a verbena contará coa actuación das orquestras Los Españoles e New York.

As celebracións rematarán o domingo 23 de agosto cunha misa ás 13.00 horas, seguida da procesión e da sesión vermú, que estará amenizada polo grupo JB Son, encargado tamén de poñer o broche final a unha nova edición das festas patronais de Bretoña.

0.14213919639587