Bretoña, en Pastoriza, celebra a Festa do Castañolo o sábado 14

A Comisión de Festas 2027 de Bretoña, en colaboración co Concello de Pastoriza, organiza o sábado 14 de novembro unha nova edición da Festa do Castañolo, unha cita gastronómica e festiva que terá lugar a partir das 19.00 horas no Teleclub da localidade.
A celebración contará con castañas, liscada e empanadas, ademais de servizo de bar e música, nunha xornada pensada para reunir os veciños e veciñas arredor da gastronomía e da tradición popular.
Con esta iniciativa, a organización busca ofrecer unha tarde de convivencia e lecer para todos os asistentes, nun ambiente festivo propio desta época do ano.