Bretoña prepárase para unha nova edición da Festa da Bola de Liscos e das Freces

TerraChaXa
A XII Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña celebrarase o domingo, 23 de abril, no concello da Pastoriza.
festa bola de liscos e freces bretona pastoriza2
festa bola de liscos e freces bretona pastoriza2
22 abr 2023

A Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña, na súa edición número XII, terá lugar este domingo 23 de abril, no concello da Pastoriza, continuando coa recuperación da mesma realizada o ano pasado tras tres de ausencia. Está organizada pola Asociación de Amigos da Feira de Bretoña.

Trátase dunha celebración que busca ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que organiza unha remodelada Asociación de Amigos da Feira de Bretoña.

A programación dará comezo ás 11.00 horas coa apertura dos postos de artesanía e feirantes, que contará coa súa propia carpa para exposición. Unha hora máis tarde terá lugar a actuación e música itinerante da Escola de Música da Pastoriza.

A inauguración oficial da sesión, terá lugar ás 12.15 horas, a cargo do alcalde, Primitivo Iglesias. O pregón leralo Paula López, dinamizadora do CIN de Bretoña.

Os nenos da Escola de Música da Pastoriza realizarán unha actuación ás 12.45 e tamén está prevista unha sesión vermú, ás 13.30 horas, a cargo do dúo Estrellas.

A festa contará coa visita dos tractores e coches clásicos e tamén anunciaron que haberá servizo de polbería.

Esta festa, que tivo as súas orixes nos albores do 2000,  celebrouse por última vez no ano 2018 na que foi a súa décima edición e a intención o ano pasado era establecer unha continuidade  para solicitar esta designación galega, e todo está listo.

Na edición do ano pasado repartíronse unhas 200 bolas de liscos e de 800 racións de freces entre os asistentes a este evento que desbordaron as previsións.

A BOLA DE LISCOS

A bola de liscos é un prato da zona elaborado con masa de pan, panceta afumada, chourizo e verzas, o que se coñece como cociña con produtos de subsistencia pero cun resultado espectacular. Para os que non coñezan este produto, ten moito parecido cunha empanada gorda pero moi xugosa e sabrosa. Esto é debido aos liscos do seu interior e o sabor é pola cobertura de verza coa que se mete ao forno.

As freces son coma unhas migas, feitas de manteiga, ovo, fariña, pan e leite, aderezado con azucre ou mel, o gusto do comensal. 

Na programación deste ano lémbrase que haberá música polas rúas coa Escola de Música da Pastoriza e sesión vermú a cargo do dúo Estrelas.

Non faltará a carpa onde se fará a degustación e posto de venda de polbo. Animará tamén a festa unha selección de postos de artesanía.

Pero a festa dará comezo o sábado pola tarde cunha sesión de cantos de taberna e tapeo polo bares do pobo, a partir das 22.00 horas.

festa da bola de liscos e freces bretona
programacion festa bola de liscos e freces